O Casino convoca un concurso de microrrelatos con motivo da celebración do seu LVIII Aniversario.
BASES:
1. Participación
a) Poderán concursar todos os socios/as que o desexen.
b) As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha
autorización do pai, nai ou titor/a legal.
2. Sobre os textos/microrrelatos
a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e
inéditos.
b) O tema dos microrrelatos é libre.
c) Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.
d) As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído)
3. Normas sobre o envío de textos
a) Os microrrelatos presentaranse no correo electrónico casinodeocarballiño@gmail.com
b) No caso de que a persoa concursante sexa menor de idade, deberase
incluír a autorización do pai/nai ou titor/a legal no apartado específico.
c) Os relatos recibidos sen identificación ou con identificación incompleta
quedarán automaticamente eliminados do concurso.
4. Período de presentación
O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do
martes 19 de abril ata as 23:59 horas do sábado 30 de abril de 2022.
5. Categorías
Establécense tres categorías:
Infantil: ata 11 anos (con data de 30 de abril de 2022)
Xuvenil: de 12 a 17 anos (con data de 30 de abril de 2022)
Adultos/as: de 18 anos en adiante (con data de 30 de abril de 2022)
6. Premios
a) Distribuiranse tres premios, un por cada categoría.
Infantil
– Un único premio económico de 75€
Xuvenil
– Un único premio económico de 100€
Persoas adultas
– Un único premio económico de 150€
7. Xurado
a) Haberá un xurado para a categoría de infantil , a categoría xuvenil
e para a categoría de adultos. Será publicado antes de que remate o prazo de entrega dos traballos.
b) O xurado terá facultades plenas para decidir as persoas gañadoras e
a súa decisión será inapelable. Poderá declarar deserto algún dos
premios se así o considera.
c) O xurado reserva para si o dereito a non admitir aqueles microrrelatos
que atenten contra os dereitos á intimidade, á honra e á propia imaxe de
terceiros ou que conteñan, a modo enunciativo pero non limitativo,
connotacións racistas, sexistas e/ou discriminatorias, comentarios
obscenos, difamatorios ou calquera outros que atenten contra a
dignidade e/ou a orde pública.
8. Comunicación do resultado do certame
a) A decisión do xurado darase a coñecer a través das redes sociais do Casino e por correo electrónico os socios e participantes.
b) A entidade organizadora fará entrega dos premios nun acto
presencial. En caso de que a situación sanitaria non o permita, os premios
serán enviados ás persoas gañadoras por correo postal. As persoas
premiadas deberán facilitar previamente unha copia do seu DNI para
verificar os datos.
9. Publicación
a) A organización do certame publicará os microrrelatos gañadores a través das redes sociais.
b) Coa participación no certame, os/as autores/as autorizan a organización
do certame, sen contra-prestación ningunha e de maneira expresa, a
reproducir (total ou parcialmente), comunicar publicamente (total ou
parcialmente) e distribuír (total ou parcialmente) os seus microrrelatos
en calquera forma ou soporte, para todo o mundo e no prazo que autorice
a lexislación vixente. A organización respectará, en todo caso, os dereitos
morais que os/as autores/as posúan sobre as súas obras.
10. Tratamento de datos persoais
En cumprimento do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de
Protección de Datos de Carácter Persoal (“LOPD”) e o Real Decreto 1720/2007,
de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da
LOPD, os datos das persoas participantes serán incorporados a un ficheiro
responsabilidade de Casino de O Carballiño, coa única finalidade de xestionar os premios
desta promoción e de contactar coas persoas gañadoras. En ningún momento se
empregará esta información para ulteriores promocións.
Os autores e autoras poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
oposición e cancelación mediante escrito ao correo electrónico casinodeocarballiño@gmail.com ou no enderezo Tomás Mª Mosquera, 6, O Carballiño 32500.
O Casino comprométense a tratar en todo momentos seus datos de carácter persoal de forma absolutamente confidencial e de acordo coas finalidades previstas nas presentes bases.
11. Observacións
a) A organización do certame ten a capacidade de decidir sobre a
interpretación das bases en última instancia ou sobre a súa modificación
en caso de erro sendo a súa decisión inapelable.
b) O feito de participar neste certame implica a total aceptación das súas bases.