O delegado territorial da Xunta reúnese con membros da directiva de ASPANAS

Ourense, 20 de abril de 2022.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá na Delegación con membros da directiva de ASPANAS (Asociación de Pais a prol das Persoas con Discapacidade intelectual de Ourense). A presidenta, Susana Losada, informou ao delegado territorial dos proxectos que están a levar a cabo no eido das necesidades das persoas que sofren algún tipo discapacidade.

Gabriel Alén amosoulle o compromiso da Xunta de Galicia con ASPANAS polo seu labor  exemplar que desenvolven a diario.

AVANTAR ACTIVIDADES