Arranca a oitava edición da Ourense ICC Week, con máis de cen inscritos nos torneos gratuítos e abertos dos “E-Sports”

A oitava edición da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense, xa está lista para ofrecer unha semana chea de creatividade e cultura da man dalgúns dos nomes máis relevantes do sector. Comeza mañá cos “e-sports” no pavillón do colexio Mestre Vide a partir das 16 horas. Os torneos abertos e gratuítos xa teñen máis dun centenar de inscritos

“Clash Royale”, FIFA 22″; Fortnite”, Dirt Rally 2.0″ e Smash Bros” porán a proba as habilidades dos participantes que terán opción, o mesmo cos asistentes, de gañar unha das dúas PS5 que se sortearán

AVANTAR ACTIVIDADES

O sábado e o domingo terá lugar o International Top Simracing  (ITS ICC Ourense)Participarán pilotos do máis alto nivel, coma o actual campión do mundo das World Tour series, o italiano Valerio Gallo. Ademais o mestre de cerimonias será unha lenda con raíces ourensás, Lucas Ordóñez, que entrou na competición profesional tras gañar a primeira edición da GT Academy

Os “e-sports” tamén darán a oportunidades de visitar unha exposición histórica gracias á participación da Fundación Museo do Videoxogo e contarán cunha intervención en directo do artista ourensán Mon Devane no pavillón do Mestre Vide

A Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense, será, a partir de mañá, o epicentro internacional dos torneos de “e-sports”. A cita durará ata o domingo 24 de abril no pavillón do colexio Mestre Vide (ao lado da comisaría da Policía Nacional).

Máis de cen inscritos participarán nos torneos abertos ao público e totalmente gratuítos. O programa comezará, a partir das 16 horas de mañá, co “Clash Royale”, no teléfono móbil. O sábado e domingo celebraranse as competicións de “FIFA 22”, “Fortnite”, “Dirt Rally 2.0” e “Smash Bros”. Entre os premios destaca o sorteo de dúas PS5, unha  entre os participantes e outra entre os asistentes.

A fin de semana terá lugar a celebración do International Top Simracing  (ITS ICC Ourense). Un torneo que contará coa participación dos oito mellores pilotos a nivel nacional e internacional. Disputaranse catro mangas, cun único premio de 1.000 euros en xogo. Os asistentes decidirán as combinacións de coches e circuítos que competirán neste torneo. Participan oito pilotos: o actual campión do mundo das World Tour Series, o piloto italiano Valerio Gallo; Manuel Rodríguez; A. Inostroza (primeiro por Sudamérica); Nico Romero; Carlos Salazar e Fernando Perpiñán “Perpi”, finalistas das World Tour series; Pol Urra, sexto posto no Campionato de España de “Gran Turismo”, e o ourensán Manuel Pérez, cuarta praza no Mundial GT Media.

O mestre de cerimonias será Lucas Ordóñez, de nai ourensán, piloto español de automobilismo tras ganar a primeira edición da GT Academy, unha competición do videoxogo “Gran Turismo” da PlayStation 3. No 2011, el e a súa escudaría foron segundos na clase LMP2 nas lendarias 24 horas de Le Mans e campións da Copa Internacional Le Mans.

Exposición e Arte urbana

O programa completase coa exposición de 15 postos de videoconsolas retro coas que se poderá xogar co obxectivo de facer unha mostra interactiva. Estas pezas pertencen ao MUVI, Fundación Museo do Videoxogo, único no país e con sede en Cangas do Morrazo. Tamén haberá interesantes charlas, música en directo, sorteos, xogo libre nas consolas e a participación en directo do artista ourensán Mon Devane.