Os socialistas denuncian que o concello de o Irixo paga preto de 30 mil euros anuais por vertidos os rios e a non legalización das fosas sépticas de saneamento dos pobos do Irixo que o teñen.
instan o grupo de goberno para a legalización, mantemento e limpeza das fosas sépticas de saneamento dos pobos do irixo que o teñen evitando así o pagos das sancions anuais a Chms
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presenta unha moción para ser tratada no próximo Pleno da Corporación, PARA A LEGALIZACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA DAS FOSAS SÉPTICAS DE SANEAMENTO DOS POBOS DO IRIXO QUE O TEÑEN EVITANDO ASÍ O PAGOS DAS SANCIONS ANUAIS A CHMS.
Que xa o pasado 8 de setembro de 2017 e o 9 de xullo de 2021, os socialistas presentamos e levamos o pleno sendas mocións para DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 30 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN, case 5 anos despois O Irixo segue con esta gran deficiencia dun servizo básico tan importante, xa queO Irixo na actualidade ten case a metade dos núcleos de poboación sen servizo de saneamento, algún incluso sen abastecemento de auga corrente.
Que dos pobos do Irixo que si teñen o servicio básico de saneamento, este e na súa maioría é totalmente deficiente. Mal executado, outras incompleto, as súas fosas sépticas non están legalizadas e/ou non cumpren ca legalidade e en case tódolos casos a falta de mantemento e limpeza e unha constante.
O servizo e deficiente, non existe un control e plan de limpeza de baleirados de fosas sépticas e lodos, e na maioría dos casos estes verten incontroladamente a silveiras ou os propios rios do Irixo.
A ilegalidade dos poucos saneamentos dos pobos do Irixo, fai que todos los anos o Concello deba pagar a Confederación Hidrográfica Miño Sil, preto de 30 mil euros do orzamento municipal en sancións a conca hidrográfica, que se levan pagando durante anos, diñeiro publico que se podería ter invertido en dotar a case metade dos pobos do Irixo do saneamento que non teñen en pleno século XXI.
En pleno século XXI o goberno municipal non e capaz de legalizar e acometer estes servicios básicos para a súa veciñanza, pero si se anuncian obras e proxectos para atraer os de afora O Irixo mentres non se fai nada por mellorar a vida polos que residen dentro do Irixo.
Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
1º.- Que o Concello de O Irixo mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para poñer en marcha cos seus propios medios e/ou a axuda de outras administracións (Xunta e Augas de Galicia, fondos europeos, etc…) a legalización das fosas sépticas dos pobos que si teñen saneamento que evite o pago anual de sancións a CHMS.
2º.- Que se acometa un plan de mantemento e limpeza de baleirados de fosas sépticas e lodos, evitando que na maioría dos casos estas vertan incontroladamente a silveiras e os rios do Irixo.
3º.- Que se fagan as xestións necesarias para cumprir os acordos plenarios das mocións socialistas presentadas e levadas os plenos para DOTAR DE SANEAMENTO A CASE A METADE DOS POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN presentadas polos socialistas e que case 5 anos despois o grupo de goberno nada fixo.
MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA A LEGALIZACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA DAS FOSAS SÉPTICAS DE SANEAMENTO DOS POBOS DO IRIXO QUE O TEÑEN EVITANDO ASÍ O PAGOS DAS SANCIONS ANUAIS A CHMS.
Iago Fariñas Valiña, Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demáis normativa de aplicación, presenta diante do Pleno da Corporación para a súa consideración esta MOCIÓN PARA A LEGALIZACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA DAS FOSAS SÉPTICAS DE SANEAMENTO DOS POBOS DO IRIXO QUE O TEÑEN EVITANDO ASÍ O PAGOS DAS SANCIONS ANUAIS A CHMS, en base á seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
PRIMEIRO.- Que xa o pasado 8 de setembro de 2017 e o 9 de xullo de 2021, os socialistas presentamos e levamos o pleno sendas mocións para DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 30 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN, case 5 anos despois O Irixo segue con esta gran deficiencia dun servizo básico tan importante, xa queO Irixo na actualidade ten cae a metade dos núcleos de poboación sen servizo de saneamento, algún incluso sen abastecemento de auga corrente.
SEGUNDO.- Que dos pobos do Irixo que si teñen o servicio básico de saneamento, este e na súa maioría e totalmente deficiente. En ocasións por estar mal executado, outras incompleto, e outras moitas porque as súas fosas sépticas non están legalizadas e/ou non cumpren ca legalidade e en case tódolos casos a falta de mantemento e limpeza e unha constante.
TERCEIRO.- Que ademáis de non estar legalizadasas fosas sépticas e os saneamentos dos pobos que si teñen este servicio básico, o servizo é deficiente, non se acomete un mantemento adecuado, non existe un control e plan de limpeza de baleirados de fosas sépticas e lodos, e na maioría dos casos estas verten incontroladamente a silveiras ou os propios ríos do Irixo.
CUARTO.- Que ademais a ilegalidade na que que se encontran os servizos de saneamento nos pobos do Irixo que existen, fai que todolos anos o Concello deba pagar a Confederación Hidrográfica Miño Sil, preto de 30 mil euros do orzamento municipal en sancións a conca hidrográfica, que se levan pagando durante anos, diñeiro público que se podería ter invertido en dotar a case metade dos pobos do Irixo do saneamento que non teñen en pleno século XXI.
QUINTO.- Que é impensable que en pleno século XXI un goberno municipal non só, non sexa capaz de legalizar e acometer estes servicios básicos para a súa veciñanza, se non que ademáis anuncien obras e proxectos para atraer os de afora O Irixo mentres non se fai nada por mellorar a vida polos que residen dentro do Irixo.
SEXTO.- Que entendemos unha falla de traballo imperdoable do goberno municipal, que tendo medios e recursos económicos para acometer a legalización das fosas sépticas , mentres gasta parte dos seus recursos noutras obras que non son prioritarias como si o é que os veciños teñan o saneamento das súas vivendas garantido.
SEPTIMO.- Que é especialmente preocupante que nalgún pobo non exista nin fosa séptica e a instalación de saneamento das casas do pobo e finalmente se canalizase e deixase a ceo aberto vertendo por un rego sen finalizar nunha fosa séptica e noutros casos ante a falla de limpeza e mantemento das fosas sépticas están vertan os ríos do Irixo ante a pasividade do goberno municipal.
Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
1º.- Que o Concello de O Irixo mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para poñer en marcha cos seus propios medios e/ou a axuda de outras administracións (Xunta e Augas de Galicia, fondos europeos, etc…) a legalización das fosas sépticas dos pobos que si teñen saneamento que evite o pago anual de sancións a CHMS.
2º.- Que se acometa un plan de mantemento e limpeza de baleirados de fosas sépticas e lodos, evitando que na maioría dos casos estas vertan incontroladamente a silveiras e os rios do Irixo.
3º.- Que se fagan as xestións necesarias para cumprir os acordos plenarios das mocións socialistas presentadas e levadas os plenos para DOTAR DE SANEAMENTO A CASE A METADE DOS POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN presentadas polos socialistas e que case 5 anos despois o grupo de goberno nada fixo.