Manuel Baltar visita os preparativos da mostra “ao redor do universo beatle” e asegura que é “a mellor exposición do grupo que se ten feito en España”

IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta mañá os preparativos da exposición Ao redor do Universo Beatle” que se inaugurará o próximo luns, día 25 de abril, ás 19.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Estivo acompañado polo comisario da  mostra, Chema Ríos

A exposición é, según Manuel Baltar, unha das estrelas desta oitava edición da Ourense ICC Week”, e subliñou que Ourense está en disposición de ofrecer unha mostra única e, polo tanto, a Ourense ICC Week vai ter a posibilidade de contar cun atractivo enorme que seguramente durante as próximas semanas fará de Ourense un lugar máis visitado”

HIPER MASIDE

A mostra non  será a única actividade desta xornada tan musical. Ademais haberá unha proxección do documental The Beatles at Shea Stadium”, ás 18,30 horas e unha mesa redonda coa participación do músico compositor Nicolás Pastoriza, o xornalista musical Julio Ruiz e o comisario da mostra Chema Ríos, ás 20 horas. Rematará a xornada coa actuación do grupo Galego “The Fabulosos Weekend”. Todas as actividades serán no Centro Cultural Marcos Valcárcel

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo comisario da exposición “Ao redor do universo Beatles”,  Chema Ríos, visitou esta mañá os preparativos desta mostra que calificou coma “a mellor que sen ten feito ata agora”. Engadiu que “Ourense está en disposición de ofrecer unha mostra única e, polo tanto, a Ourense ICC Week vai ter a posibilidade de contar cun atractivo enorme que durante as próximas semanas fará de Ourense un lugar máis visitado”. A inauguración será o luns, día 25, ás 19.30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A exposición mostra pezas únicas do grupo de Liverpool, polo que o presidente provincial destacou que “falamos de pezas persoais que pertenceron aos Beatles. Dende pezas musicais ata prendas de roupa- algunha icónica coma o kimono que utilizou Lennon no vídeo de Imagine- contratos de cancións ou algunha entrada”.

“Aquí vemos todo o que xenerou esta banda, non só musical nin culturalmente, senón tamén socialmente ou en calquera outra esfera que se queira analizar.  Son, a día de hoxe, auténticos números uns, despois de aparecer xa nos 60. É incríbel que catro rapaces de Liverpool, con pouco máis de 20 anos, fixeran cousas que ainda son auténticos clásicos. Dubido moito que cousas que se compoñen hoxe vaian ter a mesma vixencia”, aseverou Manuel Baltar.

Tras destacar a profesionalidade da montaxe da mostra e a imprescindíbel aportación de Chema Ríos coma comisario, Baltar incidiu que “o éxito supoño que está garantido, pero dirémolo ao remate da mesma, co número de visitantes”.

Pola súa parte, Chema Ríos falou da súa motivación para traballar nesta mostra: “Quería que se vira un pouco máis dos Beatles, que estaban un pouco en decadencia a nivel de coñecemento do público” e definiuse como “unha persoa á que sempre lle gustou entrar no mundo Beatle e como non puden tocar con eles, esta é  unha maneira de conectar con eles, tal vez un pouco simple e friqui, pero é a forma de ter algo de eles”.

Esta oitava edición da Ourense ICCWeek, organizada pola Deputación de Ourense, adicará todo o día  á banda de Liverpool, dando cabida aos máis diversos ámbitos. Previamente á mostra terá lugar a proxección do documental “The Beatles at Shea Stadium” que recolle o mítico concerto do grupo en Nova York, o primeiro realizado nun estadio ao aire libre. Só quedan dúas copias en cine desta película, unha delas gardada en Galicia. Será no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ás 18,30 horas. 

Tras la inauguración da Mostra terá lugar, ás 20 horas, a mesa redonda sobre o particular universo de John, Paul, Ringo e George, os catro músicos británicos. Participan o músico compositor Nicolás Pastoriza, o xornalista musical Julio Ruiz e o comisario da mostra Chema Ríos. Como remate da xornadas, ás 21, 30 horas, actuarán Los Fabulosos Weekend”, conxunto musical show galego, que porá a música en directo da xornada.

PARTICIPANTES DA MESA REDONDA

NICOLÁS PASTORIZA. MÚSICA COMPOSITOR

Compositor e guitarrista vigués que durante os últimos anos xogueteou no seu estudo caseiro, manufacturando en modo moi artesanal uns cantos discos –auto producidos ou man a man con Iván Ferreiro e outros amigos talentosos– construíndo historias entre o municipal e o paranormal, aderezadas cun pop fiel á tradición psicodélica británica que flúe desde Syd Barrett ata os nosos días. Mellotrones, ecos de cinta magnetofónica, guitarras ao revés, sintetizadores arcaicos e pianos de xoguete conviven con samplers, loops e app’s, creando unha ensalada sónica, onde agroman os seus particulares relatos

de escapismo, cotidianeidade, maxia e costumismo. O próximo artefacto que Nicolas Pastoriza poñerá en órbita trátase dunha colección de novas cancións servidas como episodios dunha hipotética serie televisiva titulada Servicio de Atención al Cliente, dividida en dúas tempadas que serán “emitidas” en plataformas dixitais ao longo dos próximos meses. Este particular Black Mirror foi xestado, composto, gravado e producido por el mesmo no seu estudo caseiro habitual durante practicamente todo o período COVID, coa colaboración de Sergio M. Puga, Iago Reigosa e Paulo Pascual, que completan a banda nada destas gravacións.

l

 JULIO RUIZ. XORNALISTA MUSICAL

Traballou tanto en prensa como en televisión e radio, e é responsable dun dos programas máis veteranos do dial, que acabou por motivos laborais de xubilación o pasado 18 de xuño, logo de 50 anos en antena. O seu Disco Grande empezou a emitirse en Radio Popular FM o 27 de marzo de 1971. A nivel local, estivo na mesma emisora ata 1983, cando comeza a longa tradición de Julio con RTVE (do 83 ao 91 en RadioCadena ou Radio 4 e a partir do 91, xa en Radio 3, ata a data). Recentemente, comezou unha andaina polo mundo dos podcasts (Todos los Discos son Grandes) en Subterfuge Radio. Ademais, escribiu en revistas musicais como Disco Express, Discóbolo ou Spiral, a parte de facer críticas de concertos para diarios de información xeral, nos que tamén traballou como redactor ou editor. Así mesmo, foi o director do primeiro programa de vídeo- clips (Disco Visto, emitido

por TVE no ano 1984). Colaborou en distintos libros relacionados coa música e escribiu “Yo me voy al Manzanares” para a serie Hooligans Ilustrados da editorial Libros del K.O. En 2013 recibiu o premio Ondas, que se une a outros recoñecementos, como o da Academia de Radio e Televisión, dous Pop-Eye e un galardón da Unión Fonográfica Independente.

CHEMA RÍOS. COMISARIO DA EXPOSICIÓN

Vinculado á música desde os 12 anos, cando formou o seu primeiro conxunto musical con compañeiros do colexio e o seu irmán. Naqueles tempos, a figura dos Beatles era a que máis lle chamaba a atención, e pronto sintiu un grande interese polo inglés para aprender as súas cancións. Mais seu pai recomendoulle aprender francés, que era máis doado. Dende entón, viviu frustrado por non dominar o inglés como cómpre. Chema tivo a sorte de coñecer a persoas moi próximas ao cuarteto de Liverpool, especialmente aos familiares de Lennon e a algunha persoa do seu servizo doméstico. Puido compartir mesa e mantel con Yoko Ono en varias ocasións e coñeceu en persoa ao Quinto Beatle, George Martin e, incluso, a irmá de John Lennon, quen se hospeda na súa casa cada vez que acode por estes pagos. Foi

o promotor e produtor do triplo CD 50 Aniversario Beatles, no que participaron, entre outros, Yoko Ono, Miguel Ríos, Xoel Lopez, Andrés Calamaro, Coque Maya, The Quarrymen, Javier Gurruchaga, Milladoiro, Susana Seivane, Carlos Childe, Extrema Urgencia, ata un total de 58 artistas. Este traballo foi elixido por Radio Nacional de España como o máis importante dos discos tributo aos Beatles, pola súa calidade e singularidade. Os seus beneficios íntegros destináronse a Médicos Sin Fronteras.

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL THE BEATLES AT THE SHEA STADIUM”

CANDO: Luns, 25 de abril. 18.30 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN AO REDOR DO UNIVERSO BEATLE”

CANDO: Luns, 25 de abril. 19.30 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel

MESA REDONDA SOBRE O UNIVERSO BEATLE

CANDO: Luns, 25 de abril. 20.00 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel

ACTUACIÓN LOS FABULOSOS WEEKEND”

CANDO: Luns, 25 de abril. 21.30 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel