Política Social salienta o servizo que realiza a casa do maior de Castrelo de Miño ás persoas de máis idade do concello ourensán

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou a casa do maior Juana Tovar de Castrelo de Miño, unha das primeiras casas que se puxeron en funcionamento en Galicia. Durante a súa visita, salientou o servizo que realiza aos maiores da localidade, aos que presta unha atención próxima e de calidade.

Actualmente a casa do maior Juana Tovar, que leva preto de dous anos en funcionamento, atende a tres persoas. É unha das 83 que actualmente existen en Galicia, con 415 prazas. Ante o éxito de acollida por parte dos concellos galegos e das persoas maiores, nas próximas semanas resolverase unha nova convocatoria que permitirá abrir 30 novos centros.
 

AVANTAR ACTIVIDADES