A Xunta ampliará a inversión do programa de fomento da lectura Ler conta moito

O programa de dinamización da lectura nas bibliotecas galegas “Ler Conta Moito” chegará este ano a un total de 188 concellos, que programarán actividades en 235 centros da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Esta medida posibilita que os concellos programen un mínimo de dúas actividades polas que poderán recibir unha achega que cubra ata o 75% dos gastos. Este ano inclúe obradoiros creativos, narración oral e contacontos, actividades de escape room na biblioteca, así como dinamización a través da tecnoloxía, a música, a maxia ou o teatro, entre outros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta medida inclúese no traballo da Xunta para reforzar o sistema bibliotecario de Galicia cun orzamento de 2 millóns de euros destinados á actualización das coleccións e dotación de recursos electrónicos, mellora das infraestruturas dos concellos e formación, entre outros.