Espazo Común convoca ós veciños da rúa Ourense a unha reunión o vindeiro sábado

O Grupo Municipal de Espazo Común manterá este vindeiro sábado día 30 ás 12:00, no Bar Panamá, unha reunión informativa aberta con tódolos veciños da rúa Ourense que desexen acudir.

A razón principal aseguran que é o lamentable estado de abandono que presenta esta importante vía, eixe principal de entrada a O Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Afirman que fai xa tres anos que o alcalde ven anunciando que se van acometer unhas melloras indispensables e urxentes. Segundo a formación, o alcalde respostou a esta pregunta asegurando que as melloras irían a cargo do remanente de 2021 e que se licitaría a finais de ano. A formación manterá esta reunión cos veciños para saber a súa opinión e demandas e dar traslado ó goberno.