O concello celebra a xunta de seguridade para o evento “Música para Ucrania

Os concelleiros de Cultura e Turismo do Carballiño, Diego Fernández e Manuel Dacal respectivamente, mantiveron unha reunión para organizar a seguridade do evento “Música para Ucrania”, que terá lugar o próximo xoves día 5. Este evento contará ca actuación de Dj Tibu, da Orquestra Panorama e de animación de rúa a cargo da charanga Castro Bello. Nesta reunión participaron a Policía Local, a Garda Civil, voluntarios de Protección Civil, o Grupo Municipal de Emerxencias, Cruz Vermella, entre outros.

O evento ten un compoñente solidario, de xeito que se recollerán donativos a través de Cruz Vermella para axudar ós refuxiados deste conflito bélico. Ademais, tamén sufragarán os custes empresas coma Cacho Pizza, que celebra o seu 30 aniversario ou a colaboración da Asociación de Pulpeiros.

AVANTAR ACTIVIDADES