A Policía Local incorpora tres novos axentes, para contar cun total de 14

Esta mañá, o concello do Carballiño deu a benvida ás novas incorporacións da Policía Local para o municipio. Neste acto estivo presente o alcalde, Francisco Fumega, que lles deu a benvida ó concello e os mellores desexo no desempeño da súa labor.

Tamén estivo o Concelleiro de seguridade Manuel Sotelo, quen explicou que con estas tres novas incorporacións, sumaríanse seis novos axentes na lexislatura deste goberno. Deste xeito, a día de hoxe cóntase cun plantel de 14 persoas no corpo, un xefe de policía e dous policías en segunda actividade, e o seguinte paso sería tentar cubrir as prazas de oficiais.

AVANTAR ACTIVIDADES

O xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, deu as grazas ó goberno local por facer posible estas incorporacións, que complementan o plantel e fan posible un traballo diario con servizo de 24 horas máis flexible, e un dos mellores da provincia.

Estes tres axentes, volven á Estrada á Academia e volverán logo de tres meses ó Carballiño para facer as prácticas. A finais de ano poderase contar con eles como policías de carreira. De cara ó verán, pensando nunha maior cobertura para os eventos, contarase tamén con auxiliares.