As asociacións galegas de Cuba estarán representadas nas festividades polo Ano Santo Xacobeo 21-22 en Santiago de Compostela.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Federación de Sociedades Galegas de Cuba, presidida polo Sr. Sergio M. Toledo Bueno xunto ao coreógrafo Sr. Ernesto Cedeño e como directora do grupo elixido a profesora e directora do Corpo de Baile da Sociedade Rosalía De Castro Sra. Carmen L. Bajo Barrera e outros colaboradores, déronse á tarefa de agrupar a brillantes xóvenes, algúns deles directores e directoras de grupos danzarios e excelentes músicos do folclore galego das asociacións galaicas como:
Sociedade Cultural Rosalía De Castro, Agrupación Artistica Galega, Centro Unión Ourensana, Sociedade Estudantil Concepción Arenal, Aurora de Somoza, Naturales de Ortigueira e a Agrupación de Sociedades Representativas de Municipio e Parroquias de Galicia na Habana
Este fermoso e destro grupo de bailaríns e músicos serán os representantes das Asociacións Galegas da maior das Antillas na próxima celebración do Ano Santo Xacobeo 21-22 en Santiago de Compostela.
Destaco que estes mozos en cada ensaio dan o mellor da súa arte danzario e musical galaico, co obxectivo de dar a coñecer que aínda que haxa que saltar obstáculos e valos serán dignos representantes do folclore galego e defensores da Galeguidade en chan cubano.
Agradecido estamos os poucos naturais e se moitos descendentes de galegos radicados en Cuba á secretaria Xeral de Emigración e o seu secretario xeral, Sr. Antonio Rodríguez Miranda e o seu grupo de traballo por convidar a este grandioso grupo a participar das fermosas actividades polo Ano Santo Xacobeo 21-22.