Manuel Baltar inaugura “ao redor do universo Beatle”, con 300 pezas “dun grupo completamente vixente sesenta anos despois”

20.00 horas: Mesa redonda “Ao redor do Universo Beatle”.- Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, moderará e participará na mesa redonda xunto ao comisario da exposición, Chema Ríos, o locutor de radio e xornalista musical Julio Ruiz, e o músico Nicolás Pastoriza.

O universo Beatle invade Ourense cunha exposición única, que mostra arredor de 300 pezas procedentes de distintas coleccións particulares.  “A cultura é o máis importante e pasalo ben e, especialmente, a música. E iso é o que entenderon perfectamente estes catro rapaces de Liverpool”,  aseverou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto inaugural da exposición. Permanecerá aberta ata o 12 de xuño.

Pezas orixinais, unha recreación da habitación de Lennon e Yoko Ono, a súa viaxe a India, libros ou iconas diversas ofrecen aos ourensáns a oportunidade de coñecer máis preto o que supuxo a banda a todos os niveis. “Non só en Inglaterra, en todo o mundo”,  afirmou Manuel Baltar, que remarcou que a mostra ten calidade para “converterse nun museo”

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación de Ourense estivo acompañado na inauguración da mostra polo  asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, o comisario da mesma, Chema Ríos e o responsable da montaxe Xosé Lois Vázquez “Che”

Seguidamente tivo lugar unha mesa redonda sobre o grupo, con Baltar coma moderador, xunto ao comisario da exposición, Chema Ríos, o locutor de radio e xornalista musical Julio Ruiz, e o músico Nicolás Pastoriza

A tarde desta terceira xornada da Ourense ICC Week comezou coa proxección do documental “The Beatles at Shea Stadium” e pechou co concerto do grupo galego Fabulosos Weekend, liderado por Manuel Manquiña

Os Beatles xa están en Ourense coa mostra “Ao redor do Universo Beatle”, que estará aberta ata o 12 de xuño. A exposición foi inaugurada dentro das actividades programadas pola oitava edición da Ourense ICC Week, polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “Ten calidade e cantidade como para ser permanente e converterse nun museo”, indicou o presidente da institución provincial.

Manuel Baltar resaltou a importancia deste grupo de Liverpool,- “completamente vixente 60 anos despois-” e destacou a súa importancia en distintos ámbitos “pero non podemos esquecer a música. Calquera que queira compoñer hoxe ten que mirar para eles”. Estivo acompañado na inauguración da mostra polo asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, o comisario da mesma, Chema Ríos e o responsable da montaxe Xosé Lois Vázquez “Che”, quen afondou nas características da exposición: “É unha mostra interactiva na que o público non se ten que limitar a mirar, senón que o vai pasar moi ben e pode participar”. Tamén estivo na inauguración, entre outros, o xornalista, escritor e músico Carlos Rego, autor dos textos que contextualizan a mostra.

A exposición reúne cerca de 300 pezas procedentes de distintas coleccións particulares que se mostran ao público en diferentes ambientes e recrean distintos momentos imprescindibles na traxectoria do grupo. Dende a icónica cama de Lennon e Yoko Ono ata a súa estadía na India, tan importante para eles. Ademais os libros que se mostran a través dunhas cápsulas, que simulan o sistema de comunicación dos submarinos, nun guiño ao “Yellow Submarine”, poden ser descubertos polo público a través de videopantallas.

Mesa redonda

Trala inauguración tivo lugar a mesa redonda “Ao redor do universo Beatle”, introducida polo coordinador técnico da ICC Week, Juan Rivas, e que contou coa presenza do comisario da exposición, Chema Ríos; o locutor de radio e xornalista musical Julio Ruiz, e o músico Nicolás Pastoriza. O moderador foi o presidente da institución provincial, Manuel Baltar. Anteriormente tivo lugar a proxección do documental “The Beatles at the Shea Stadium” definido por Baltar coma “o musical que non só revolucionou a música, e non só en Inglaterra, senón no mundo”.

Os participantes na mesa redonda fixeron un exhaustivo repaso pola vida profesional e persoal dos catro compoñentes da banda e lembraron o seu primeiro contacto co grupo. Chema Ríos contou coma lendo a revista “Hola” na súa casa viu a Lennon “un mozo con melena e guitarra e interesoume a estética e a figura. Aínda non había escoitado a música. Un día, antes de que comezara o que chamabamos o “parte”, oín por primeira vez ‘She loves you’ e quedei impresionado. Ata hoxe”.

Julio Ruiz esa estrea lembraa así: “Despois da envexa que me daba o meu veciño por mercar todos os singles seus, eu merquei o primeiro da miña vida que tiña a cara a a canción “All you need is love” e costoume 65 pesetas. Dando despois clase a uns nenos de 9 e 10 anos, rematamos e vimos o momento histórico no que Mundovisión retransmitiu o concerto dos Beatles”.

A lembranza de Nicolás Pastoriza mestura tristeza e descubremento. “Cando tiña 6 anos faleceu meu pai. Son o pequeno de seis irmáns, adolescentes nos 60 e crecín cos Beatles. O día que morreu meu pai, dada a tristura e os laios no velatorio que había na casa, unha veciña a petición da miña nai levoume á rúa. Non sabe que facer con ese neno e imos ao cine. A película: “Help”. Catro melenudos en cor, con aventuras supernovas e cancións maravillosas. Seguí amando aos Beatles incluso máis alá dos Beatles”. Todos coincidiron tamén en sinalar que sin Brian Epstein os Beatles non existirían.  En Liverpool, naqueles anos, había máis de 600 grupos. “Sin él non habería grupo, eran moi erráticos”.

MAÑÁ MARTES A Ourense ICC Week terá mañá dous protagonistas: as Tecnoloxías da Información e da Comunicación e o mítico Alpinche, con denominación de orixe ourensá. A mañá comenzará coas ponencias da responsable de Relacións Institucionais TikTok España, Yasmina Laraudogoitia e coa a xornalista tecnolóxica de Innnovación, Marta del Amo. E pola tarde terá lugar a inauguración da Exposición “O Alpinche, un vehículo único e mítico”, coa intervención de Manuel Baltar, e a continuación a mesa redonda “O Alpinche, exemplo da creatividade aplicada á competición”co presidente da Fundación Estanislao Reverter, Luis Reverter Gil, o xornalista e piloto Ricardo Muñoz, o copiloto do Alpinche José Luis Sala e o electricista e un dos creadores do Alpinche, José Luis Díaz.