Cenlle acollerá o IV Concurso Nacional de Viños VINESPAÑA 2022, inaugurado hoxe

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta maña á Inauguración oficial do IV Concurso Nacional de Viños VINESPAÑA 2022 que se desenvolveu no Balneario de Laias, no concello de Cenlle. O concurso, convocado pola Federación Española de Enoloxía (FEAE) está integrado dentro dos Concursos Nacionais e Internacionais que patrocina a Unión Internacional de Enólogos (UIOE).

A finalidade do mesmo é a busca na súa longa traxectoria de Concursos Nacionais de Viños VINESPAÑA a produción de viños de gran calidade, favorecer o seu coñecemento entre os consumidores, destacando os viños premiados e a riqueza vinícola do noso país. Así como contribuír á expansión da cultura do viño e ao progreso do sector, fomentando o coñecemento vinícola. Ao mesmo tempo que se reforza o prestixio e a confianza nos concursos desta categoría.

AVANTAR ACTIVIDADES