O PsdeG reclama á Deputación de Ourense e á Xunta unha batería de medidas urxentes para facer fronte á situación de emerxencia derivada da invasión de Ucraína

Á institución provincial piden, entre outras medidas, unha liña de
axudas directas para o sector primario e do transporte de, a lo menos,
2 millóns ou un plan enerxético dun 1 millón para os concellos
Villarino asegura que “cómpre actuar de maneira urxente a todos os
niveis administrativos” e salienta que a Deputación non pode quedar
de brazos cruzados porque ten un aforro “histórico” de 48 millóns
Ourense, 27 de abril de 2022. O PSdeG-PSOE reclama á Deputación de
Ourense e á Xunta de Galicia unha batería de medidas urxentes, para facer
fronte a situación económica e social derivada da invasión de Ucraína ordenada
por Vladimir Putin. Os e as socialistas piden á institución provincial, entre outras
medidas, unha liña de axudas directas para o sector primario e do transporte
dotada con 2 millóns de euros, pero que poda ser ampliada en caso de
necesidade, ou un plan enerxético dun 1 millón para axudar aos concellos, co
fin de afrontar os desaxustes económicos derivados do encarecemento de
enerxía durante os últimos meses.
Á Xunta esíxenlle un plan social de axudas ás familias máis vulnerables que
permita triplicar o financiamento do bono social eléctrico; a reformulación da
tarxeta básica autonómica para incorporar ás persoas refuxiadas; habilitar un
fondo de avais e de liquidez que garanta a viabilidade de empresas afectadas
polo peche de mercados en Rusia e Ucraína ou un plan galego de axudas
directas aos autónomos e profesionais afectados directamente por esta crise.
Na iniciativa tamén reclaman ao Goberno central unha rebaixa da imposición
sobre hidrocarburos e un cambio na regulación do mercado eléctrico, que
permita desvincular o prezo da enerxía dos prezos maioristas do gas, unha
medida para toda a península ibérica que esta mesma semana foi referendada
pola Unión Europea e os gobernos de España e Portugal.
O voceiro do grupo provincial, Rafa Villarino, asegura que “cómpre actuar de
maneira urxente a todos os niveis administrativos” e, para iso, ao igual que a
UE e o Goberno de Pedro Sánchez “están a adoptar numerosos acordos para
facer fronte á inestabilidade económica que afecta a todo o continente, desde o
PSdeG-PSOE reclamamos medidas inmediatas nos ámbitos autonómicos e
provincial, que son os máis próximos aos nosos veciños e veciñas”.
www.psdegpsoeourense.es
Tel. 988370386
Ribeira de Canedo 24-26
32001 Ourense
@PSdeGdeOurense
O líder socialista resaltou que tanto a Xunta como a Deputación “contan con
fondos e remanentes orzamentarios dabondo que deben ser investidos de
forma xusta e equitativa canto antes”. “No caso desta institución provincial
estamos ante un aforro histórico que alcanzou en 2021 os 48 millóns de euros,
polo que nós defendemos que as institucións públicas non somos bancos onde
gardar un diñeiro que é de todos e todas”, advertiu antes de recordar que eses
cartos deben “axudar ás persoas e ás empresas de Ourense en situacións de
necesidade e non servir para o pago a dedo de favores políticos”.
No caso concreto da Xunta hai que recordar que o 58 % dos impostos dos
carburantes son transferidos á comunidade autónoma galega, polo que,
aseveran, o goberno de Alberto Núñez Feijóo “debe facer moito máis” e non
“quedar só de brazos cruzados sinalando ao Goberno central”. “A Xunta ten
responsabilidades non ámbito social que non pode evitar”, insisten.
Desde o PSOE recordan que “estas excepcionais circunstancias internacionais
dos últimos meses, evidenciaron aínda máis a importancia do custo da enerxía
e das materias primas” como “elementos determinantes” da competitividade
empresarial e das economías familiares, polo que “é perentorio” que todas as
administracións “actúen para facer fronte a unha situación inédita” nas últimas
décadas, unha situación que “sumada aos dous anos de pandemia, afonda
nesta afronta contra o crecemento e a sustentabilidade do Estado e,
particularmente, da nosa provincia”.
Esta é a relación completa de medidas que o PSdeG-PSOE de Ourense reclama
para facer fronte á situación de emerxencia derivada da invasión de Ucraína:
Á Deputación de Ourense:

  • Aprobación dun plan enerxético dotado cun 1 millón de euros, para crear un sistema
    de axudas a concellos ourensáns co fin de afrontar os desaxustes económicos que
    sofren ou sufrirán polo encarecemento de enerxía.
  • Creación dunha liña de axudas directas para o sector primario e do transporte,
    obrigado a facer fronte a un maior gasto económico relacionado co abrupto
    encarecemento da enerxía, o combustible e determinadas materias primas, dotado
    inicialmente con 2 millóns de euros, pero que podería ser ampliado en caso de
    necesidade.
  • Habilitar unha partida económica que permita actualizar os prezos das obras en
    execución ou licitación da propia institución provincial ou dos concellos de Ourense,
    para compensar así a subida de prezos debido á situación de encarecemento das
    materias primas e combustibles.
  • Establecemento dun sistema de coordinación e colaboración dos labores de axuda
    ofrecida polas entidades locais da provincia á poboación de Ucraína.
    Á Xunta de Galicia:
  • Aprobar un plan social de axudas ás familias máis vulnerables, que permita triplicar o
    financiamento do bono social eléctrico.
    www.psdegpsoeourense.es
    Tel. 988370386
    Ribeira de Canedo 24-26
    32001 Ourense
    @PSdeGdeOurense
  • Reformulación da Tarxeta Básica para incorporar a persoas refuxiadas.
  • Plan autonómico de axudas directas aos autónomos e profesionais, co fin de
    compensar o aumento de custes do transporte.
  • Redución no tramo autonómico do IRPF.
  • Habilitar un fondo de avais e de liquidez que garanta a viabilidade de empresas
    afectadas polo peche de mercados en Rusia e Ucraína.
  • Rebaixa real nas taxas da ITV.
  • Impulso lexislativo para determinar, por parte da Xunta de Galicia, os proxectos
    estratéxicos dirixidos a elevar a autosuficiencia enerxética.
  • Aprobar a habilitación legal correspondente, en aplicación do decreto do 30 de marzo
    de 2022, para que as entidades locais da provincia de Ourense poidan habilitar unha
    partida co fin de actualizar os prezos das obras en execución ou licitación,
    compensando así a subida de prezos debido á situación de encarecemento das materias
    primas e combustibles.
    Ao Goberno de España:
  • Aprobar, da man da Unión Europea, un cambio na regulación do mercado eléctrico
    para toda a península ibérica, que faga posible desvincular o prezo da enerxía eléctrica
    dos prezos do gas, facendo posible unha rebaixa significativa do custe final.
  • Rebaixar a imposición sobre hidrocarburos.