ABANCA colabora con los profesionales y autónomos de Ourense a través de una oferta de productos y servicios a medida para los asociados

  • O banco e a Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense elaboran un catálogo específico de produtos e servizos
  • Ambas entidades poñen o foco na mellora da competitividade dos negocios e en abordar os retos da dixitalización

ABANCA e a Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense ( AEPA) fi rman un acordo de colaboración que ten o foco posto en dar resposta ás necesidades actuais dos negocios da comarca a través dun catálogo de produtos e servizos a medida para os asociados.

O convenio foi firmado esta mañá en Ourense polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso, e o presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense, David Martínez.

AVANTAR ACTIVIDADES

A través deste acordo, os profesionais e autónomos terán acceso ás vantaxes que se inclúen no documento, no que resalta un plan de financiación creado polo banco e a asociación co obxectivo de responder as demandas do colectivo. O documento detalla unha serie de produtos e servizos para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos negocios dos asociados. Con isto, terán acceso a produtos deseñados específi camente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos.

Para adaptarse ás necesidades que demanda diariamente a actividade profesional, o documento recolle outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. O banco tamén activa as liñas de fi nanciación oufi ciales do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos negocios e proporcionar solucións ante a crise.

Así mesmo, os profesionais e autónomos ourensáns poderán gozar de condicións melloradas na contratación de TPV, tanto físicos como virtuais. Estes últimos aumentaron a súa importancia debido ao apoxeo do comercio por internet. Os adheridos terán acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais grazas á súa vinculación co banco.