Este domingo 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, o BNG chama á mobilización social e á participación nas manifestacións covocadas pola CIG

En Ourense sairá ás 11:30 h. da Praza Maior e permitirá denunciar unha vez máis a situación de pobreza, desemprego e emigración que está a sufrir o noso país, así como para reivindicar a posta en marcha de políticas alternativas no eido social, económico e laboral

Ourense, 28 de abril de 2022. Ante a proximidade do 1 de Maio, Día Internacional da clase traballadora, a celebrar o vindeiro domingo, desde a Executiva Nacional do BNG acordouse apoiar, unha vez máis, as manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

Baixo o lema “Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos”, a central sindical acompaña esta reivindicación cun paquete de propostas para facer fronte ao descontrolado incremento de prezos dos produtos básicos.

AVANTAR ACTIVIDADES

As mobilizacións deste domingo son, segundo o BNG, unha boa oportunidade para denunciar a situación de pobreza, desemprego, explotación e emigración que se está a padecer na Galiza, e para reivindicar políticas alternativas nos ámbitos económico, social e laboral.

En Ourense cidade, a manifestación sairá ás 11:30 horas desde a Praza Maior.