A Feira do Viño do Ribeiro botou a andar este venres en Ribadavia (Ourense) cunha 59ª edición que recupera o seu formato habitual despois de dous anos nos que a pandemia obrigou a reducir as actividades.
Serán tres días de exaltación do viño Ribeiro ata o vindeiro domingo 1 de maio nos que se reunirán en Ribadavia 20 adegas e 14 colleiteiros desta denominación de orixe, que abarca as variedades autóctonas tradicionais Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao e Sousón.

A inauguración da feira tivo lugar este venres nun acto no que participaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou a relevancia duns caldos e dunha comarca “craves” no pasado, presente e futuro do sector vitivinícola.
As autoridades locales e alcaldes de toda a comarca asi como representantes da Xunta e a Deputación e subdelegación do goberno estuveron presentes no acto de inauguración
O responsable de Medio Rural puxo o acento na “tarefa visionaria” de figuras como Arsenio Paz, encargado de pronunciar o pregón da 59ª edición da exaltación do Ribeiro, que “entenderon polos anos 80 e 90 que a recuperación destas castes era o camiño para seguir”.