A Deputación apoia a organización da XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín, que se celebra este fin de semana no Paco Paz

Presentación XII Copa Galicia de Ximnasia e Trampolín a disputar no Pazo dos Deportes "Paco Paz" ós próximos 29 e 30 de abril e ó 01 de maio en Ourense. Asisiten Cesar Fernández Gil (VicePresidente da Deputación Ourense), Manuel Pérez González (Xefe Territorial de Deportes da Xunta en Ourense), José Manuel Estévez Feijoo (Presidente da Federación Galega de Ximnasia) e Cristina Sánchez Martínez (Secretaria Xeral da Federación Galega de Ximnasia)
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na competición participan 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas en categoría junior e senior

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Pazo dos Deportes Paco Paz acolle este fin de semana a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín 2022. Unha competición na que participarán 15 clubes de 10 federacións autonómicas, cun total de 150 ximnastas, 20 adestradores e 12 xuíces para competir en categorías junior e senior nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín individual e trampolín sincronizado.

A competición, que conta co apoio da Deputación de Ourense, o Consello Municipal de Deportes e a Secretaría Xeral para o Deporte, foi presentada no salón de prensa da institución provincial, coa presenza do vicepresidente segundo da institución provincial, César Fernández; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez e a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Cristina Sánchez.

Na competición daranse cita, segundo a organización, varias ximnastas en seguimento por parte da Real Federación Española de Ximnasia para deseñar o equipo que participará no Campionato de Europa, que tendrá lugar en xuño en Rímini (Italia).

Esta tarde desenrolaranse os adestramentos oficiais, e mañá e o domingo, sábado 30 de abril e domingo 1 de maio, celebraranse a competición, con acceso gratuíto ao Pazo dos Deportes.