Aprobada unha concesión de 177.000 euros para cooperación local e o programa EmpredOU

Videoconferenica da xunta de goberno da Deputación Ourense. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de case 177.000 euros en subvencións para cooperación cos concellos e iniciativas empresariais de autoemprego no rural dentro do programa EmprendOU. 

No capítulo de cooperación local concedéronse máis de 65.000 euros ao Concello da Rúa para o cofinanciamento, xunto co IDAE, de dous proxectos de aforro e eficiencia enerxética. Tamén se aprobaron dúas axudas por valor de 48.000 euros cada unha delas para obras no pavillón de deportes de Amoeiro e o acondicionamento de camiños en Quintela de Leirado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Polo que respecta ao programa EmprendOU aprobáronse senllas axudas por un importe superior aos 15.000 euros para dous proxectos relacionados coa agricultura e o sector do metal, a desenvolver nos concellos da Veiga e Laza.

A relación dos asuntos tratados na reunión da Xunta de Goberno complétase cun expediente de expropiación forzosa para a reposición de servizos afectados con motivo das obras de acondicionamento e mellora da OU-0509, Luíntra-Esgos.