Expourense acolle esta fin de semana, entre o 6 e o 8 de maio, o IV Car Outlet Ourense que ofrecerá as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e de ABANCA.
O presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, falounos hoxe das expectativas para esta edición, mantendo as 5.000 visitas e esperando superar as 200 ventas. O vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, destacou a garantía de adquirir un vehículo de xeito seguro e con toda a información como neste evento.
O director de zona Centro de ABANCA, Enrique Romero, puxo en valor o traballo feito para manter vivo este evento e a súa aposta por seguir formando parte del. Un total de 20 marcas estarán representadas a través dos 14 concesionarios de A.C.A.U.T.O. que participarán como expositores.
Presenta a mellor oferta en Galicia puidendo atoparse kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 5 anos. O horario de apertura do salón será venres 6 de maio de 11.00 a 20.30 h., sábado 7 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 8 de maio de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 2 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.