Intensa fin de semana para os rapaces do Club Ciclista Carballiño

O sábado, os peques do Club Ciclista Carballiño, estiveron na I MINI BTT CONCELLO DE OROSO. En categoría infantil, Marcos Rodríguez acadaba o 1º posto; en infantil feminino, Noela acababa 16ª; en alevín B, Luis Taboada era 14° e Teo Pérez 32° e en Principiante B, Toño remataba no 27° posto.

O domingo Alex García debutaba nunha proba internacional en categoría UCI, acadando o 1° posto en cadete. Saíndo dende o posto 84 por ser a súa primeira participación, poñía un espectacular ritmo sendo capaz de acadar a 2a posición antes de rematar a primeira volta.

AVANTAR ACTIVIDADES

E como non hai 2 sen 3, Miguel Panadeiros remataba en 3a posición no II MARATON CONCELLO DE PIÑOR, primeira proba da COPA GALICIA XCM 2022, no seu debut nesta disciplina.