A Ruta das Tapas do mes de maio está adicada ó Eixo Atlantico

Esta mañá tivo lugar a presentación da Ruta Das Tapas de maio do Carballiño, nun dos locais participantes, Ernesto Patio Bar. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, destacou a oportunidade de poder recuperar iniciativas deste tipo para o comercio e a hostalaría.

Tamén estivo presente Antonio Barroso, adxunto do presidente da Cámara Municipal de Braga, quen alabou esta iniciativa e amosou a súa intención de seguir colaborando entre administracións.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde, Francisco Fumega, tamén estivo presente, reiterando a relación con Braga dende anos atrás, e unha mostra dela é a difusión de culturas entre ambas entidades. Tamén deu a noraboa ó sector hostaleiro polo esforzo feito durante estes anos de pandemia.

Como representante do sector comercial, Noelia Mares, a xerente do CCA, agradeceu o esforzo feito con estes pratos, que non se cinguen a unha temática concreta como noutras ocasión.

Hoxe tamén se levou a cabo o sorteo da ruta das tapas do mes de abril, que consistía nunha estancia de fin de semana no Wine House Hotel patrocinada pola adega de viños Pazo Tizón, cuxa agraciada foi Isabel Quintás.