Asdifica reivindica dereitos no Día Nacional das Persoas con Discapacidade

Asdifica, a Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño, leron un manifesto na Praza Maior con motivo do Día Nacional da Discapacidade. O obxectivo deste día é crear conciencia e fomentar a loita polo dereitos humanos destas persoas.

No manifesto de hoxe fixeron referencia á discapacidade en diferentes ámbitos, entre eles os problemas que ocasiona na infancia, nas mulleres e tamén relacionados ca pobreza.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe tamén se quere poñen en valor a dificultade económica engadida das persoas con discapacidade, relegadas a ter unha menor dispoñibilidade económica, pero un maior gasto.

A concelleira de Servizos Sociais, Guadalupe Sobrado, acompañounos nesta xornada e destacou o traballo feito pola asociación. Destacou tamén que é o labor das administracións tentar reducir na súa maioría as barreiras arquitectónicas que supoñen un problema día a día.