Marina Ortega censura o “intolerable” comportamento do alcalde de Ourense

O grupo socialista pide ao PP a reprobación da conduta de Jácome e ínstalle a que retire o apoio a Democracia Ourensana no concello trala agresión a unha representante sindical

Marina Ortega censura o “intolerable” comportamento do alcalde de Ourense: “hoxe máis que nunca os responsables políticos e institucionais temos que trasladar condutas que fomenten o diálogo e o respecto”

AVANTAR ACTIVIDADES

A deputada socialista Marina Ortega pediu hoxe ao PP a reprobación da conduta do alcalde de Ourense no Parlamento trala agresión a unha representante sindical producida durante unha concentración ás portas do concello con motivo da folga indefinida das traballadoras e traballadores de autobuses urbanos da cidade. Fíxoo, tras presentar unha batería de iniciativas no Parlamento galego neste sentido.

“Hoxe máis que nunca, os responsables políticos e institucionais temos que trasladar á cidadanía conductas que fomenten o diálogo e o respecto, condenando con firmeza conductas agresivas e intolerantes que fomenten a bipolarización da sociedade”, reivindicou a socialista, tras condenar “de xeito rotundo” a actuación do alcalde de Ourense, un comportamento “intolerable en calquera esfera”.

Neste sentido, a dirixente socialista instou ao PP a retirarlle o apoio a Democracia Ourensana no Concello de Ourense “como sinal de protesta e reprobación dunha conduta que non podemos permitir nunha sociedade democrática e que chega despois de que o alcalde protagonizase momentos de tensión continuos nas sesións plenarias do concello”.

Con todo, a dirixente socialista lembrou que o PSdeG gañou as últimas eleccións municipais celebradas no ano 2019, sendo o partido máis votado na cidade de Ourense. Malia isto, censurou, “o PP asinou un pacto letal, tal e como dixo o propio Feijóo, e pechou un acordo de goberno con Democracia Ourensana que permitiu poñer a Jácome de alcalde”.

“Hai liñas vermellas e isto é intolerable”, sentenciou a socialista, quen lamentou que Feijóo “ademais de bendicir o primeiro goberno de VOX en Castela e León, en Ourense apoiou á terceira forza política para non perder o poder”. “Este é agora o resultado”, concluíu Ortega