A Xunta e concello colaboran para o traslado da nave de Protección Civil

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou esta mañá co alcalde do concello do Carballiño, Francisco Fumega, o convenio para levar a cabo o acondicionamento das instalacións para Protección Civil.

A actual nave onde se encontra a agrupación está construída en zona verde. A APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística) avisou ó concello do incumprimento que se estaba a producir en tema urbanístico, e ademais puxo as facilidades para que se puidese realizar con tempo o traslado, dada a necesidade de manter o servizo da agrupación en activo.

AVANTAR ACTIVIDADES

A inversión consiste nun total de 150.000 euros, dos que a Xunta de Galicia aportará 60.000. Esta é unha mostra máis de colaboración entre administracións, segundo destacou a directora xeral, ademais dunha aposta continua da Xunta de Galicia por reforzar o equipamento das agrupacións, tanto de Protección Civil coma dos GES.

O arquitecto explicou algúns detalles desta obra, que consistirá en adaptar unha zona de garaxe para os vehículos, unha zona de oficias e unha zona de vestiario, así como unha cuberta nova e un reforzo do exterior para garantir a eficiencia enerxética.