O concello de San Cristovo de Cea anuncia xa novidades de cara a súa festa gastronómica máis importante. A Ruta dos Fornos celebrarase o día 3 de xullo e como novidade, seis antigos fornos de Pan de Cea serán o escenario desta experiencia gastronómica singular que converte a Vila de Cea en punto de encontro para a degustación de viños e petiscos con produtos galegos de calidade certificada. Anteriormente viñan sendo cinco, coa excepción do ano pasado que se habilitaron 10 espazos por mor da pandemia.
Como non, haberá tamén ambientación musical e moita troula nun evento que se desenvolve practicamente todo ao aire libre. Nas próximas semanas, a organización irá dando máis información. A partir do 2 de xuño estarán á venda os tíckets.