Nove colexios de 350 alumnos da provincia de Ourense coñecen o patrimonio do camiño co programa “vexo veo Xacobeo”

  • O delegado territorial explicou que un dos principais obxectivos deste programa é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro
  • Gabriel Alén destacou que “con esta actividade multidisciplinar estamos achegando ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e o Xacobeo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá ao alumnado de Infantil e Primaria do CEIP plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas  do Barco de Valdeorras, onde participou na actividade do programa “Vexo, veo Xacobeo”, creado no marco da programación do Xacobeo 21-22 co obxectivo de promover o coñecemento do fenómeno da peregrinación. Na visita  interactuou nesta iniciativa posta en marcha para dar a coñecer os valores do Camiño de Santiago.

O delegado territorial explicou que un dos principais obxectivos deste programa, que conta co patrocinio de La Caixa no marco da programación do Xacobeo 21-22, é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro. Ademais, búscase que este tipo de actividades poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Alén destacou que “con esta actividade multidisciplinar estamos achegando ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e o Xacobeo para poder traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural”

No caso provincia de Ourense  o programa lévase a cabo nun total de nove colexios nos que participan 350 escolares. Na cidade, no CEIP Manuel Luís Acuña (Camiño Mozárabe), no CPR Plurilingüe Luís Vives (Camiño Mozárabe), no CEIP de Prácticas da E.U. Formación Profesorado EXB (Camiño Mozárabe), no CEIP Virxe de Covadonga (Camiño Mozárabe), no CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea (Camiño Mozárabe), no CEIP Ramón Otero Pedraio do Barco de Valdeorras (Camiño e Inverno), no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras (Camiño de Inverno), no CEIP Augusto Assía da Mezquita (Camiño Mozárabe), e no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia (Camiño Mozárabe).