O goberno local aproba 10,7 millóns de euros de orzamentos co voto en contra da oposición

Hoxe, a corporación municipal do concello do Carballiño reuniuse en sesión plenaria. O principal punto da orde do día foi a aprobación dos orzamentos para este 2022, que contaron co apoio do equipo de goberno e o voto en contra de toda a oposición (BNG, Espazo Común e PP). Trátase dunhas contas de 10,7 millóns de euros, dos cales 4,2 millóns están destinados a gastos de persoal.

Este incremento débese a unha suba do soldo do seu persoal nun 2%, o que suporá un gasto superior aos 80.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

No capítulo de ingresos, O Carballiño prevé unha rebaixa no imposto de plusvalías e un incremento da achega da Xunta ao Servizo de Auxuda no Fogar de preto dun euro máis por usuario.

Para investimentos, o orzamento prevé un gasto do 8% total cun importe de 858.257 euros. Entre as obras previstas destaca a autovía de Ourense e a ampliación de varias rúas e tamén un remanente de 1,5 millóns, explicadas polo alcalde, Francisco Fumega.

A oposición considera que son contunuístas. Espazo Común comezou criticando o xeito de adxudicación das subvencións de forma directa, e non de xeito competitivo. Ademais, criticou que as agrupacións queixábanse por non ter contado con eles para estes orzamentos. En canto ás inversións, tanto BNG coma Espazo Común critican os proxectos que foron anunciados e que non aparecen nestes presupostos. O Partido Popular tamén se amosou crítico, sobre todo cos compromisos feitos polo goberno co seu grupo, sen cumprir o pasado ano e este tampoco reflexados.

En canto ás mocións da oposicións para este pleno, o goberno local non aprobou a moción do BNG para mitigar o impacto disparado da inflación aparándose nas novas medidas implantadas polo goberno central.

Espazo Común presentou unha moción sobre a ampliación do parque empresarial, asegurando que ese proxecto non sería posible ata mínimo o ano 2026.

En canto á moción do Partido Popular sobre o proxecto para cubrir a pista roxa non houbo consenso, e o grupo de goberno asegura que algúns comerciantes e veciños amosáronse en contra.

A moción de urxencia de Espazo Común sobre o proxecto da rúa Ourense foi modificada polo grupo para ceder o seu turno á agrupación de Asdifica. O grupo de goberno non aprobou a urxencia, pero cedeulles a palabra ó remate de rogos e preguntas. A pesar desta intervención, non se chegou a ningunha decisión final polo momento, acordando seguir buscando un espazo.