Presentación do festival arteficial en Lugo da man de Teleclube.

O vindeiro sábado 7 de maio terá lugar a presentación do Festival Arteficial de
Ribadavia na cidade de Lugo, nun evento no que se verán acompañados pola
asociación lucense Tele-Clube que exercerá de anfitrioa.
Hai tempo que estas dúas asociacións entraron en contacto e estableceron un
vínculo forte a través do cal se busca crear sinerxías entre ambas para compartir
coñecementos e experiencias ademais de poñer en valor os eventos culturais en
espazos rurais ou semi-urbanos nas provincias do interior.
O Arteficial é un festival que se celebra en Ribadavia (capital da comarca do
Ribeiro, Ourense) e que este ano vai apola súa 16 edición, que terá lugar o
sábado 3 de setembro na vila ribadaviense. Como elas mesmas o denominan o
festival é unha romaría da música e cultura alternativas do Ribeiro que conta
cunha programación musical continuada desde as 13h do mediodía até ben
entrada a noite. O festival ten lugar nun espazo privilexiado como é o conxunto
histórico da vila e a súa programación non só se limita ao musical senón que
tamén conta cun mercado de arte, artículos de segunda man, etc., exposicións,
unha intervención artística na torre daIgrexa da Madalena e outras actividades
que fan deste festival un evento único na provincia.
O Festival Arteficial é de entrada solidaria voluntaria, quen queira pode levar
alimentos que recolle a Cruz Vermella do Ribeiro a través dun convenio que leva
anos en rigor.
Este ano, a falta de máis confirmacións, xa forman parte do cartel as bandas
portuguesas Gator, the Alligator, Grand Sun e Unsafe Space Garden.
O evento de presentación que ten lugar este sábado 7 de maio consistirá na
celebración dun concerto en sesión vermú no Ho! Gruf coa banda Familia
Caamagno. Neste 2022 a banda galega vai editar o seu novo traballo
discográfico do cal xa saíron algúns adiantos que poderán ser desfrutados no
concerto de Lugo. A nivel formal os novos temas manteñen o son inconfundible
da banda (inspiración 60’s, guitarra rítmica moi marcada, guitarra de punteo
abusando do “Fuzz”, melodías vocais e coros moi traballados) xunto a unha clara
tendencia por atopar un son máis contemporáneo e máis pop, sen perder por
iso a contundencia ou intencionalidade que os caracteriza.

  • Evento: Presentación do Festival Arteficial (Ribadavia) da man de Tele-Clube
    (Lugo)
  • Banda: Familia Caamagno
  • Lugar e hora: Ho! Gruf, Praza do Campo Castelo, 30. Lugo. (13.30h)
  • Entradas: Entrada gratuíta até completar aforo. Se o tempo acompaña o
    concerto terá lugar en exterior, na Praza do Campo Castelo, en fronte ao Ho!
    Gruf.
  • Vídeo Arteficial 2019: https://www.youtube.com/watch?v=noKCCyHleik

AVANTAR ACTIVIDADES