A Subida á Saleta reúne a 65 equipos no Carballiño e Boborás esta fin de semana

A Subida á Saleta do Carballiño e Boborás volve á estrada esta fin de semana do 7 e 8 de maio, da man da escudería AGE Motorsport. Máis de 65 equipos inscritos nunha competición que nesta última edición, a número 23, sae do campionato galego para incorporarse á recentemente creada Copa de España de Montaña Norte.

A proba ten 4.300 metros de lonxitude e comeza na OU-0417 no punto quilométrico 0,2. Remata na mesma estrada no punto quilométrico 4,5. Ten unha pendente media do 3% e a máxima do 4,5.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os horarios serán na tarde do sábado, ás 15:15 horas ca presentación dos pilotos e ás 15:30 horas cos adestramentos, logo irán as dúas mangas oficiais. O domingo, 09:30 horas para os adestramentos oficiais e a continuación a terceira e cuarta manga. A entrega de premios terá lugar no Pazo da Almuzara.