“Música para Ucrania” ca orquestra Panorama recauda máis de 3.000 euros

Onte pola noite, despois de dous anos de pandemia, volveu a verbena ó Carballiño, e fíxoo por todo o alto da man da orquestra Panorama. O de onte foi un evento solidario, baixo o nome “Música para Ucrania”, organizado entre o concello do Carballiño e a empresa Cacho Pizza, que celebra este ano o seu 30º aniversario. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal

A entrada era de balde, pero Cruz Vermella vendía tíckets solidarios a tres euros, conseguindo unha gran recadación torno destinada a axuda humanitaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

En torno ás 6.000 persoas déronse cita neste evento musical, que deixou imaxes que facía moitos meses que non se podían ver, dende antes da pandemia. Agora, ábrese un verán cheo de eventos deste tipo, recuperando festas e verbenas por toda Galicia.