O Concello de Celanova, ABANCA e Afundación presentan a mostra «Castelao grafista (facsímile)»

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

I Inaugúrouse o venres 6 de maio, ás 10.30 h na Casa dos Poetas e forma parte de «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I No marco de «Cultura por alimentos», Afundación anima a todas as persoas asistentes a esta exposición a doaren alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais

Afundación, a Obra Social de ABANCA, o concello de Celanova e ABANCA presentan a partir de mañá na Casa dos Poetas a mostra «Castelao grafista (facsímile)». A inauguración terá lugar ás 10.30 h e contará coa asistencia de Antonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez;   Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez;  Rosana Neira, directora da oficina de ABANCA en Celanova; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta desde o 6 de maio ata o 4 de xuño na Casa dos Poetas de Celanova e poderase visitar de luns a venres en horario de martes a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, e sábados de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.

Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

EventoInauguración da mostra «Castelao grafista (facsímile)»
LugarCasa dos Poetas
Data e horaVenres, 6 de maio, ás 10.30 h
  AsistentesAntonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova Rosana Neira, directora da oficina de ABANCA en Celanova Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo