Carballeda de Avia incorpora un caixeiro automático na casa do concello

Publicidade ASPADISI

O concello de Carballeda de Avia conta dende esta fin de semana cun caixeiro automático, froito da colaboración entre a entidade bancaria Abanca, o concello e a Xunta de Galicia. Deste xeito ponse solución á problemática de ter que desprazarse fora do municipio, ata Ribadavia, para ter este servizo. A nova entidade está ubicada na casa do concello, e xa a disposición de todos os que queiran utilizala.

E seguindo ese traballo de incorporación de servizos para mellorar a calidade de vida dos veciños, o alcalde anunciou a posta en marcha do novo convenio con Correos. Deste xeito, para facilitar moitos trámites, como o pago de taxas municipais, poderán facelo o traballador de correos a domicilio.

HIPER MASIDE