Programación da Agrupación Cultural Avantar mes maio

IES CHAMOSO LAMAS

A Agrupación Cultural Avantar do Carballiño ,adianta o calendario de actividades programadas para o  mes de maio . En todo  caso, faremos publicidade puntual de cada  evento para manter informada a xente e  aos medios de comunicación e tratar de manter o interese para asistencia ás actividades programadas.

Xoves 12 de maio desenvolvemos novamente coma cada segundo xoves de mes: o Faladoiro: coa temática da recollida do lixo na vila do Carballiño. Na Cafetaría Lusco Fusco, ás 20:30 horas.

OZOCOgz Deseño Galego

Xoves 19 de maio, no casino de Carballiño ás 20:30, María do Ceo, presentación do libro Escolma Imposible (e incorrecta),María do Ceo canta a Armando González.

Xoves 26 de maio, Roteiro Manuel María, saída as 11:00 da Veracruz. Participación dos centros educativos da Vila

Sábado 28 de maio, coma cada derradeiro sábado de mes : Club de Lectura ás 12:00 horas no Casino do Carballiño. Libro de Lectura Resistencia de Rosa Aneiros. Publicado en Xerais.

Sábado 28 de maio , FO-LIADA 2022, a partir das 20:30