O C.D. Arenteiro pecha a tempada co Avilés, e convida á afección a acompañalos

Publicidade ASPADISI

O C.D. Arenteiro aseguraba a permanencia en Segunda Federación co empate esta fin de semana na casa, pero á Liga aínda lle queda un partido, no que seguirán poñendo todo o seu esforzo. Trátase do derradeiro encontro, fronte o Avilés.

Dende o clube convidan a todos a que acompañen ó seu equipo, e para iso puxeron un autobús. Todos os que queiran apoiar e despedir a C.D. Arenteiro no derradeiro partido este domingo 15 ás 12h, poden reservar previo pago, a súa praza no autobús, nas dependencias de Autocares Rodríguez. O custe será de 20€ e poderase facer a reserva ata o venres 13 as 19:00 horas.

HIPER MASIDE

A saída será o propio domingo as 5:45 horas da mañá fronte á Veracruz e regreso á finalización do encontro.

As entradas para o partido son a 15 euros para maiores de 18 anos e gratis para menores e recolleranse en taquilla do estadio pagándose alí.