O’Potiños celebrará o evento “Pon unha foto na rúa” o 22 de maio

A Asociación fotográfica O POTIÑOS traballa para a celebración do seu xa tradicional evento “Pon unha foto na rúa”, ten lugar neste mes de maio. Neste caso, contarán ca colaboración da Asociación de Pulpeiros, preparando, como cada ano, unha edición especial e diferente. Neste evento os membros da asociación toman en torno a 200 fotografías, que ademais de ser expostas son entregadas ós fotografiados.

Dende O’Potiños non descansan na realización de actividades. De cara o próximo Arenteiro Fotográfico, teñen a intención de facer unha reestruturación cambiando o formato, concentrando o traballo en oito exposicións xuntas nun mesmo local.

AVANTAR ACTIVIDADES