Afundación, Xunta de Galicia e Editorial Planeta presentan en Ourense «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla»

I Inaugurarase mañá, mércores 11 de maio, ás 10.30 h na Sala de Exposicións Afundación de Ourense

I Este proxecto expositivo da Obra Social de ABANCA ten como obxectivos difundir o coñecemento do patrimonio natural e cultural ao tempo que se promove o seu coidado, con arranxo ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Afundación, a Obra Social de ABANCA, a Xunta de Galicia e Editorial Planeta presentan mañá na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, ás 10.30 h, a rolda de prensa de inauguración da nova mostra que acollerá a sala expositiva ourensá ata o vindeiro 10 de xullo, «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla». A este acto inaugural acudirán Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura Afundación; Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 21-22; e Rubén Saavedra, director territorial de ABANCA en Ourense.

PUBLICIDADE ELECTORAL