Galicia precisa sangue dos colectivos A positivo, 0 negativo e 0 positivo e pídese a colaboración da cidadanía

A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS), fai un chamamento xeral á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de xeito especial, aos doadores A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é necesario reforzar a convocatoria permanente de participación nas campañas de doazón que leva a cabo a Consellería de Sanidade a través da mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os centros de saúde de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para realizar con eficacia as súas tarefas sanitarias.

En moitas das tarefas asistenciais que se realizan a diario nos hospitais galegos, os compoñentes sanguíneos son imprescindibles. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non ocorre o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros de saúde. Por iso é fundamental a xenerosidade e o altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para aumentar as reservas de sangue.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, as diferentes unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue percorrerán estes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento da gran labor asistencial dos distintos centros de saúde de Galicia.

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, de máis de 50 quilos de peso e que non padeza ou padeza enfermidades de transmisión sanguínea. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas resolver o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, teña en conta que as medidas de seguridade máis rigorosas están sempre presentes.

Para máis información, ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, das redes sociais, e do teléfono gratuíto de información 900 100 828, para atender calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data das viaxes da unidade móbiles.