A executiva municipal do PsdeG de Ourense censura que Baltar utilice a cabezas como “cortina de fume” para tapar o escándalo de Jácome e a descomposición total do PP

Ourense non está para vivir de novo un revival de pelotazos e cambiazos urbanísticos nin para que o clan dos Baltar e Feijóo condeen definitivamente o seu futuro”

Dende a nova CEM socialista propoñen unha alternativa seria, solvente e comprometida cos intereses dos ourensáns e con devolver a dignidade e a normalidade institucional ao Concello de Ourense, dando un soplo de ilusión

AVANTAR ACTIVIDADES

O Comisión Executiva do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense critica o uso do excalde popular, Manuel Cabezas, como “cortina de fume” por parte de Baltar para evitar o escándalo e a pésima xestión do goberno de Jácome e tapar a descomposición e ruptura absoluta  do Partido Popular na cidade.

Dende a nova e renovada CEM socialista seguirán a traballar intensamente para dar unha alternativa urxente e imprescindible ao goberno da terceira cidade de Galicia no 2023. Propoñendo unha alternativa seria, solvente e comprometida cos intereses dos ourensáns por riba de todo e con devolver a dignidade e a normalidade institucional ao Concello de Ourense, dando un soplo de esperanza e ilusión a todos e todas.

Os socialistas consideran “demagóxico, inaceptable e con moi pouca altura de miras” que o presidente do PP ourensán traia de novo a palestra a un alcalde que defenestrou o urbanismo na cidade mercadeando con espazos públicos de tódolos veciños e veciñas de Ourense e que siga mantendo na cadeira de alcalde a unha persoa como Jácome que mantén a cidade completamente paralizada e desmantelada, atacando aos cidadáns día tras día e co único pensamento de encher o seu peto. 

A secretaria xeral dos socialistas, Natalia González afirma que o PP está “totalmente roto e dividido” en Ourense, “sen rumbo, criterio nin futuro lastrado a todos os niveis polo papel lamentable e indefendible de colocar e manter na Alcaldía a Jácome a cambio de intereses políticos e económicos”.

Feijóo, Rueda, Baltar e o PP de Ourense foron incapaces de dar a cara, ser valentes e condear a un alcalde agresor e opresor como Jácome, socio de goberno seu, provocando danos irreversibles á imaxe da cidade e do noso Concello, algo reprobable, indefendible e moi lamentable xa que banaliza e normaliza a violencia, alimenta o inmobilismo e o odio, e dana a confianza cidadá na clase política.

González asegura que os  populares atópanse agora teledirixindo outro «experimento Ciudadanos», como nas municipais de 2019, cun xoven e renovado tridente: Cabezas e Poly Nóvoa detrás e Pepe Araújo á fronte; co único fin de enganar aos veciños e veciñas de Ourense, evitar ou desviar a máis que previsible fuga de votos ao seu partido na cidade, e xogar ao trilerismo político para acadar o poder a toda costa, pactando de novo con Jácome de ser preciso, sen rubor nin vergoña, dentro dun ano.”

A HERDANZA URBANÍSTICA DE CABEZAS

O lanzamento intencionado do «globo sonda» de Cabezas o que sí denota é a clara intención de manter e recuperar a súa vella política urbanística, un modelo que ocasionou graves e imperdoables danos a Ourense e que fai que hoxe convivamos cun PXOM de fai máis de 3 décadas, cuxo máximo expoñente foi precisamente o ex-Alcalde do PP.

«Ourense non está para vivir de novo un “revival” de pelotazos e cambiazos urbanísticos, e moito menos para que o clan dos Baltar e Feijóo condeen definitivamente o seu futuro como xa hipotecaron o da nosa provincia e o de Galicia na última década.»