O Concello de Boborás levará a cabo traballos de mellora para acondicionar a praza da igrexa románica de Xuvencos, para a que recibirá unha axuda de 30.000 euros con cargo a unha subvención de Turismo de Galicia, dirixido por Nava Castro.
O obxectivo da administración municipal é o de poñer en valor esta zona, integrada pola igrexa, ca súa praza, integrada por un cruceiro de pedra e tamén dende aquí a saída dunha das rutas de sendeirismo homologadas deste municipio. Outro dos motivos deste arranxo é que neste espazo se celebra cada catro anos a festa das Mudacións, ca súa Danza de Xuvencos.
A intervención consistirá na eliminación do pavimento actual, que é de asfalto, e na colocación dun novo a base de pedra e adoquín.