Mañá, novo venres de tapas, neste caso adicadas ó Eixo Atlántico

Mañá venres, o segundo deste mes, celebrarase de novo a Ruta das Tapas. Neste caso son un total de 14 establecementos hostaleiros nos que se poderá desfrutar destes pratos. Nesta ocasión, o fío conductor é o Eixo Atlantico, o que permite que haxa unha gran variedade de alternativas.

Coma en cada mes, poderase desfrutar destes pratos por un custe de dous euros. Ademais, de novo terá premio. Con cada consumición entregarase unha papeleta, que se deberá cubrir co nome e datos de contacto coma o teléfono, para entrar no sorteo, neste caso dunha fin de se mana en Braga, contando ca colaboración deste municipio que forma parte do Eixo Atlántico e co que o concello do Carballiño ten fortes vínculos dende anos atrás.

AVANTAR ACTIVIDADES