O Novo Cine de Leiro trae a última entrega de Marvel “El juego de las llaves”

IES CHAMOSO LAMAS

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso cunha dobre programación. Por unha banda repite o filme de aventuras ca nova entrega de Marvel, “Doctor Strange en el multiverso de la locura”. Poderase ver este venres e sábado ás 18:15 horas e o domingo ás 16:00 horas. O martes próximo será ás 18:15 horas.

Por outra banda, “El juego de las llaves”, unha comedia romántica española dirixida por Vicente Villanueva. A película está baseada na serie de televisión mexicana homónima que alcanzou fama mundial a través de Amazon Prime Video. Poderase ver o venres, o sábado e o luns, martes e xoves próximos ás 20:30 horas, e o domingo, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

HIPER MASIDE