Este domingo, no auditorio, teatro en infantil e en familia ca obra “Güela, güela”

Este domingo 15 no auditorio municipal, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, función de teatro infantil e familiar, a cargo da compañía Galitoon. A representación será ás 18:00 horas, no Auditorio Manuel María, para nenos de 2 a 6 anos, cun prezo de 3,50 euros.

“Güela, güela” narra a misión das cegoñas, que foi a de levar os bebés recen nacidos aos brazos dos seus pais, voando sempre en grupos ou bandadas. Pero un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un atillo cun bebé aos seus pais, pero ó ser pequena recibiu a negativa da comunidade das cegoñas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aínda que un día, sen saber moi ben como, as Cegoñas adultas esquecéronse un atillo cun bebé moi peculiar. Que pasará a partir de aquí?, Quen levará a ese bebé até os seus pais?…