O Parlamento de Galicia nomea a Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia

Publicidade ASPADISI

O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu onte a Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta de Galicia. O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, anunciará a elección do rei Felipe VI e ó presidente do Goberno de España.

Rueda recibiu os votos a favor do PP, entre eles o do aínda presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que renunciará á acta nos próximos días e será designado senador pola Cámara autonómica.

HIPER MASIDE

Quen será o sexto presidente autonómico de Galicia non recibiu o apoio dos grupos da oposición, BNG e PSdeG.

A toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia celebrarase o vindeiro sábado 14 de maio ás 12:00 horas. na sede do Parlamento de Galicia.