Unha saída de vía deixa un ferido leve e perda de combustible na estrada, en Cenlle

Pasadas as 18:00 horas da tarde de hoxe, producíase un accidente de tráfico en Cenlle, na estrada que une Razamonde con Vilar de Rey. O suceso consistiu nunha saída de vía dun vehículo, que deixou ademais perda de combustible na estrada.

O conductor resultou ferido leve e foi traladado ó PAC por un particular. Ata o lugar dos feitos achegáronse os bombeiros do GES de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES