A alcaldesa de Ribadavia responde ás acusacións do PP de divisións dentro do grupo de goberno en coalición

IES CHAMOSO LAMAS

Na xornada de onte, o Partido Popular de Ribadavia anunciaba que pediría ó pleno municipal que a alcaldía restablecera as competencias sobre o persoal municipal que lle foran retiradas ós resto de integrantes do goberno. O grupo popular considera que esta decisión partía de “liortas” entre os integrantes do grupo do goberno bipartito entre o PSOE e Ribeiro en Común, e declaraban que os problemas internos non deberían entorpecer o normal funcionamento dos sevizos municipais.

Ante estas declaracións, a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, respondía alegando que non entendía por qué sorprendía que a alcaldesa mira polo interés do concello ca seguinte afirmación: “Non sei porque sorprende ao Vicepresidente 4º da deputación que unha alcaldesa mire polo interés do concello e tome medidas internas co persoal cando son necesarias. O que ten e que mirar un pouco polos intereses de Ribadavia, o señor Cesar Fernandez, e deixarse de facer oposición desde o rencor e boicot desde institucions afins, que non boicotea aos gobernos de esquerdas, coma neste caso a Psoe e RC, senon aos nosos
veciños/as”.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Noelia Rodríguez asegura que non hai ningún tipo de polémica entre os membros do goberno recalcando que “non existe ningún tipo de polémica entre o goberno, que non vos faga perder o tempo nese senso porque vai mal encamiñado, a esquerda imos volver a ser goberno durante moito tempo, que se adique a mirar o que acontece na deputacion que é donde recibe uns bos ingresos e se deixe de facer campaña sucia”.

Para a alcaldesa, o voceiro do Partido Popular non foi quen de levar investimentos ó concellos durante os seus dous anos de goberno, e critica diversas actuacións cas seguintes palabras: “Non foi capaz de traer investimentos para o seu concello, fixo politica da pandemia cantando cumpleanos polas portas e con listas con datos protexidos de persoas citadas en cribados masivos, pechou un colexio centenario, eliminabanlle servizos do centro saude, perdeu un obradoiro de emprego…. e ven a falarme de problemas no goberno??? Pensei que tiña mais nivel”.