Éxito de participación na 10ª Maratón organizada polo Club Ciclista Os Mosqueteiros

O club Ciclista Os Mosqueteiros celebrou onte a súa X Maratón MTB, transcorrendo polos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo con 300 inscritos nesta ocasión.

A proba, que deu comezo ás 09:30 horas con saída dende a Praza da Veracruz con dúas modalidades de dificultade, supuxo un esforzo extra para a organización a causa das inclemencias do tempo, con vento e choiva, converténdose na edición que máis lles costou sacar adiante.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dentro dos participantes locais, temos que destacar a carreira de Diego Marnotes, do MPC Terras de Cea, que correndo na casa logrou un 15º posto na xeral e o primeiro posto en sub23, o que lle permite seguir mantendo o maillot de líder na súa categoría.

E seguimos falando dalgúns rostros da contorna, co doblete do Extol MTB Team en Carballiño, segunda proba puntuable da Copa Galicia de XCM. Elite femenina – Susana Alonso e Elite masculino – Javi Busto. Victoria tamén na clasificación por equipos. Yago Fernández remontaba ata a sexta posición despois de sufrir un pinchazo no km50 cando lideraba a proba con Javi. Esteban Sánchez, noveno absoluto conseguía a terceira praza entre os Master 30.