Gran fin de semana do Club Ciclista Carballiño en Pena de Rodas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No espectacular paraxe de Penas de Rodas,  o Club Ciclista Carballiño tivo dobre cita esta fin de semana. O sábado estiveron na proba da Copa Galicia de XCO. Nova vitoria de Alex García, o que lle permite afianzar o primeiro posto da clasificación na categoría CADETE da Copa Galicia de XCO.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola súa parte, Miguel Panadeiros repoñíase dunha mala saída e de dúas caídas, rematando en 5° posto da categoría JUNIOR.

E o domingo foi a quenda da proba de MINI BTT. En INFANTIL, Marcos Rodríguez acadaba o 1° posto, mentres que Miguel Barral o facía de 47°, despois de sufrir varias avarias pero non tirar a toalla. En PRINCIPIANTE B, Toño Glez. R remataba no posto 22°. En PROMESA FEM., Noa Barral remataba en 12a. posición.