Usuarios do centro de saúde do Irixo non puideron ser atendidos hoxe pola ausencia de médico

IES CHAMOSO LAMAS

Os usuarios que se achegaron hoxe ata o centro de saúde do municipio do Irixo non puideron ser atendidos, aínda que tivesen cita previa. Os afectados aseguraban que hoxe non estaba o médico que da consulta e que non recibiron explicación ningunha. A maioría das persoas que se achegaron hoxe ata o centro de saúde tiñan cita previa. O persoal que se atopaba alí intentou contactar co médico, aínda que sen éxito, polo que non se lles pudo dar atención.

Os usuarios comentaron que anta a falla de médico, deberíase garantir un servizo mínimo. Ou no caso de tratarse de algo puntual dunha xornada, avisar dalgún xeito ós usuarios ou non permitir que se puidesen coller citas para hoxe, cando non puideron ser atendidos.

HIPER MASIDE

Algún usuario tivo que acudir ó PAC do Carballiño, servizo de urxencias para toda a comarca. Tamén comentaron que algúns deles presentaron unha reclamación ante este feito no Hospital de Ourense pedindo un servizo mínimo para ocasións coma a de hoxe.