A reunión aberta polo peche da aula do campo da feira trasladase á Casa da Cultura

A negativa do alcalde a ceder o Salón de Plenos do Concello obriga a este cambio de última hora.

Manteñense día e hora: xoves 19 de maio ás 20:00 h.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para a nosa sorpresa, o alcalde do Carballiño negouse a ceder o Salón de Plenos do Concello para celebrar a reunión aberta para tentar evitar o peche da aula de 3 anos do Colexio do Campo da Feira.

Isto obriga a trasladar a súa celebración á Casa da Cultura, iso sí mantendo día e hora previstos: o xoves 19 de maio ás 20:00.

Resulta chocante que o grupo de goberno non fixera nada por frear este peche cando foron dos primeiros en ter coñecemento delo e agora tampouco dea facilidades a quen pretende loitar polos intereses do pobo. Esta problemática non vai de siglas, nin de cores. Hai moito do que somos en xogo.

Lembramos que o obxectivo é a creación dunha ampla fronte con representación de todo o tecido social do Carballiño para tentar evitar que se leve a termo esta decisión da Xunta.

Están en xogo o futuro e a dignidade dun pobo.